EXAME
CURSO RESPONSABLE TÉCNICO
O sábado 4 de Abril ás 10:00 da mañán terá lugar en APREVAR o exame do curso de Responsable Técnico de Mecánica e Electricidade que rematou no día de onte.
A todos os que vos presentades ¡moita sorte!
CONVENIO COLECTIVO
COMERCIO DE METAL EN LUGO
No Boletín Oficial da Provincia de Lugo nº 044 do 23 de febreiro de 2009 aparecen recollidos os acordos polos que aquelas empresas que non procedan a establecer a distribucion da xornada anual de traballo antes do 1 de marzo de 2009, e para o caso de que tivera lugar un exceso sobre a xornada anual de traballo pactada, cada traballador disfrutará no ano 2009 como días inhábiles ou non laborables e retribuidos, a maiores dos días 24 e 31 de decembro, nos termos indicados no texto do convenio, os seguintes:
- 20 de marzo de 2009
- 2 de novembro de 2009
Aproveitamos tamén para lembrarvos que a xornada de traballo anual para o ano 2009 é de 1776 horas, repartida en 249 días laborables.

MOTORTEC 2009

A pasada semana celebrouse no recinto de IFEMA en Madrid a feira MOTORTEC 2009 (Salón Internacional de Equipos y Componentes para la Automoción) promovido por Sernauto, Asociación Española de Fabricantes de Equipos y Componentes para la Automoción.

Alí presentaronse as últimas novidades do sector en maquinaria para garaxe e taller, recambios e accesorios, electrónica, estacións de servizo e outras.

Gruco Circuit, Ravaglioli Spa, Rivolta Ibérica, Tecnología Tecom SL, Texa Ibérica Diagnosis, Ampla S.r.L., Biokit Motor S.L., Gt Motive, Hella,Thyssenhkrupp Plastic Ibérica, Lucas- Nülle ou Hiperclim S.A. son algunhas das moitas empresas que trasladaron á feira as últimas novidades en diagnose, ferramentas informáticas, maquinaria e útiles, productos de limpeza, etc.

Persoal e asociados de APREVAR desplazáronse a Madrid para visitar a feira e estas son algunhas das impresións recollidas:
"Este ano había moitos menos expositores que noutras ocasións. Non vin moitas novidades, e relacionado coas motos que é o meu campo, ningunha. De todos xeitos paréceme interesante acudir a este tipo de eventos polo contacto que se mantén coa xente, porque tratas directamente co persoal das marcas, polas demostracións que fan do uso da maquinaria, etc."
"Sinceramente non vin nada novo. Había moi poucos expositores, e os que había non tiñan nada novedoso. Tamén había moitos menos visitantes que outros anos, nas demostracións non había esa aglomeración que case che impedía ver o que estaban facendo. De todos xeitos aproveitei para comprar unha máquina que xa coñecía porque o precio estaba moi ben. Tamén aproveitei para falar cos representantes de varias marcas que teñen unha máquina que levo tempo pensando en mercar, ainda que de momento no pechamos o trato."