¡BO NADAL E FELIZ 2.009!

Un ano máis queremos aproveitar este espazo para desexarvos a tod@s un FELIZ NADAL E PRÓSPERO ANINOVO.

PANXOLIÑA DE NADAL
I
Hai un vento cheo de frío
apousado nos camiños.
E no ar un asubío
todo cheo de aloumiños.
Pero un vento milagreiro
nascerá polo Nadal.
Brilará coma un luceiro
pra alomear o portal.
II
E nas ponlas dun carballo
nasceu un vento ventiño;
ten doces versos de orballo
e azas de paxariño.
Ten azas de paxariño
e craridades de día,
que llas deu Jesús Neniño
e a Santa Virxe María.
Manuel María, Lugo, Nadal 1.951.

FIN DE CURSO
Un ano máis chegamos ó remate de curso. Foron moitos os alumnos que por aquí pasaron nos últimos 12 meses, uns para informarse, outros para ampliar a súa formación, outros para iniciar a súa andadura no sector da automoción, etc.
A todos eles, gracias por confiar en nós.
Atopámonos nun momento complicado, en plena crise económica asistimos ó peche de pequenas e grandes empresas, ó preocupante aumento do número de desempregados, á falta de confianza dos consumidores, e un sinfín máis de cifras e pronósticos desfavorables.
Con todo queremos aproveitar este espazo para animarvos a seguir loitando por aquelo que queredes, porque É POSIBLE.
E para mostra un botón. Pese a esas malas cifras, ó negativismo que nos rodea e ós malos presaxios para este sector, séguese xerando emprego, e varios dos alumnos que recentemente remataron a súa formación en APREVAR conseguiron un posto de traballo en empresas asociadas nas ocupacións para as que se prepararon.
É por iso que vos animamos a persistir no voso empeño, a seguir formándovos, a seguir tocando cantas portas sexa preciso, porque TODO É POSIBLE.
E por suposto, para todo o que precisedes, xa sabedes onde atoparnos.
Un saudo
Departamento de Formación

FERIA AUTOMECHANIKA, FRANKFURT SETEMBRO 2008


O pasado mes de setembro tivo lugar en Frankfurt a 20ª edición da feira AUTOMECÁNICA, e dende APREVAR organizouse unha viaxe subvencionada para os asociados e o persoal do centro na que participaron finalmente 21 persoas.

A viaxe tivo lugar do 18 ao 20 de Setembro, e unha vez alí os participantes visitaron, en primeiro lugar a feira, obxetivo do viaxe, dividida en 5 zonas: reparación e mantemento, compoñentes e sistemas, productos IT, estacións de servizo e lavado, e accesorios e tuning.

Entre as novidades deste ano, a ferramenta e maquinaria de exposición e as demostracións de novos equipos, as novas tendencias na estética dos automóviles, e unha gran cantidade de información á disposición dos visitantes.

Pero como non todo ía ser traballo, tamén quedou tempo para visitar un mercadillo e degustar a comida típica, cear na praza de Römerberg (plaza do concello), coñecer a Catedral, etc.

En resumo, unha viaxe curta pero moi aproveitada.

FORMACIÓN OCUPACIONAL 2008

PRÁCTICAS EN EMPRESAS

Como xa publicamos fai uns meses, un ano máis APREVAR imparte dende o mes de xuño varios cursos de Formación Ocupacional para desempregados así como accións formativas experimentais tamén para desempregados con un programa formativo innovador creado polo equipo docente do centro.
Dentro das actividades incluídas nos programas están as prácticas a maiores das horas lectivas que son voluntarias para os alumnos e que consisten nunha curta estadía nunha empresa do sector, donde terán a oportunidade de aprender da man de profesionais dende a organización do traballo no taller, métodos, técnicas, trucos, etc. que facilitarán a súa inserción laboral unha vez rematado o período de formación.
Todo esto non sería posible sen a colaboración e o compromiso dos asociados que acollen aos alumnos e se responsabilizan da súa formación durante a súa estancia nas empresas. Dende aquí dámoslle-las gracias pola súa colaboración e á vez facemos un chamamento a todos aqueles asociados que queiran participar nesta experiencia para que contacten con nós e se informen.
ALUMNOS E PROFESORES DO CENTRO DE FORMACIÓN OCUPACIONAL DE APREVAR VISITAN AS INSTALACIÓNS DE RENAULT EN VALLADOLID E CESVIMAP EN ÁVILA

O pasado 23 de setembro un grupo de alumnos e profesores do Centro de Formación Ocupacional de APREVAR visitaron as instalacións da factoría Renault en Valladolid e o Centro de Experimentación e Seguridade Vial de Mapfre en Ávila.
As visitas son un complemento fundamental da formación que os alumnos reciben no centro, fomentan o contacto co mercado laboral, amplían a súa visión do sector e permítelles coñecer de cerca as ocupacións para as que se están formando.
Dende aquí queremos agradecer ó persoal de Renault e de CESVIMAP, e especialmente a Joaquín Illera (Coordinador de visitas) e a Rocío del Monte (Dpto. de Org. de Cursos) a súa atención e amabilidade.
Deixámosvos unha mostra de que efectivamente estivemos alí, un saudo e ata a próxima.







PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS


A Asociación Provincial de Talleres de Reparación e Venta de Automóviles e Recambios de Lugo (APREVAR) a través da Federación Galega de Talleres (FEGAT) oferta un ano máis os cursos de Prevención de Riscos Laborais Básicos, obrigatorios para tódolos traballadores.

Os cursos teñen unha duración de 50 horas en modalidade semipresencial, e levaranse a cabo en distintos puntos da provincia.

Se estás interesado en participar podes contactar co Departamento de Formación no teléfono 982303902 ou a través do correo formacion@aprevar.com.

¡Agardamos as vosas solicitudes!
PLAN FIP 2008

Formación Ocupacional para desempregados


Un ano máis APREVAR pon en marcha os cursos de Formación Ocupacional para desempregados cofinanciados polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia.

Se estás desempregado e buscas formación no sector da automoción, non dubides en contactar con nós.A oferta formativa para este ano é a seguinte:

- Técnico en Diagnose de Vehículos (634 hs.)

- Chapista Pintor de Vehículos (769 hs.)

- Electricista Electrónico de Vehículos (694 hs.)

- Mecánico de Vehículos Lixeiros (869 hs.)

Xa sabes, chama ó 982303902 ou manda un correo electrónico a formación@aprevar.com e infórmate.




O SECTOR DA AUTOMOCIÓN EN LUGO


Recentemente ven de publicarse no diario "La Voz de Galicia" un artigo no que se poñen de manifesto algúns dos problemas que afectan na actualidade a este sector, a falta de man de obra cualificada, a posibilidade de sumarse no vindeiro ano ao continxente de traballadores extranxeiros e a desaparición da figura dos aprendices entre outras.


Para máis información podes consultar o seguinte enlace.


GUIA DE TÉCNICAS DE BÚSQUEDA DE EMPREGO

Con esta guia preténdese presentar unhas orientacións básicas e a adquisición duns coñecementos de ditas técnicas, que faciliten a inserción ó mundo laboral de tódalas persoas que tratan de acceder a un posto de traballo.

http://patrolvazquez.googlepages.com/guia.doc

FORMACIÓN CONTINUA DE TRABALLADORES 2008


Un ano máis dende APREVAR poñemos en marcha os cursos de formación continua para traballadores en activo.

A oferta de cursos para este ano é a seguinte:

  • Ultimas tecnoloxías aplicadas ao automóvil (39 horas)

  • Sistemas de seguridade activa (33 horas)

  • Sistemas de inxección diesel de última xeración (33 horas)

  • Carrocería express (33 horas)

Se estás interesado en participar non deixes de contactar con nós:

APREVAR

Crta. Vegadeo 56. A Campiña.

Tlf:982303902 Fax:982303125

E-mail: formación@aprevar.com