FERIA AUTOMECHANIKA, FRANKFURT SETEMBRO 2008


O pasado mes de setembro tivo lugar en Frankfurt a 20ª edición da feira AUTOMECÁNICA, e dende APREVAR organizouse unha viaxe subvencionada para os asociados e o persoal do centro na que participaron finalmente 21 persoas.

A viaxe tivo lugar do 18 ao 20 de Setembro, e unha vez alí os participantes visitaron, en primeiro lugar a feira, obxetivo do viaxe, dividida en 5 zonas: reparación e mantemento, compoñentes e sistemas, productos IT, estacións de servizo e lavado, e accesorios e tuning.

Entre as novidades deste ano, a ferramenta e maquinaria de exposición e as demostracións de novos equipos, as novas tendencias na estética dos automóviles, e unha gran cantidade de información á disposición dos visitantes.

Pero como non todo ía ser traballo, tamén quedou tempo para visitar un mercadillo e degustar a comida típica, cear na praza de Römerberg (plaza do concello), coñecer a Catedral, etc.

En resumo, unha viaxe curta pero moi aproveitada.

FORMACIÓN OCUPACIONAL 2008

PRÁCTICAS EN EMPRESAS

Como xa publicamos fai uns meses, un ano máis APREVAR imparte dende o mes de xuño varios cursos de Formación Ocupacional para desempregados así como accións formativas experimentais tamén para desempregados con un programa formativo innovador creado polo equipo docente do centro.
Dentro das actividades incluídas nos programas están as prácticas a maiores das horas lectivas que son voluntarias para os alumnos e que consisten nunha curta estadía nunha empresa do sector, donde terán a oportunidade de aprender da man de profesionais dende a organización do traballo no taller, métodos, técnicas, trucos, etc. que facilitarán a súa inserción laboral unha vez rematado o período de formación.
Todo esto non sería posible sen a colaboración e o compromiso dos asociados que acollen aos alumnos e se responsabilizan da súa formación durante a súa estancia nas empresas. Dende aquí dámoslle-las gracias pola súa colaboración e á vez facemos un chamamento a todos aqueles asociados que queiran participar nesta experiencia para que contacten con nós e se informen.
ALUMNOS E PROFESORES DO CENTRO DE FORMACIÓN OCUPACIONAL DE APREVAR VISITAN AS INSTALACIÓNS DE RENAULT EN VALLADOLID E CESVIMAP EN ÁVILA

O pasado 23 de setembro un grupo de alumnos e profesores do Centro de Formación Ocupacional de APREVAR visitaron as instalacións da factoría Renault en Valladolid e o Centro de Experimentación e Seguridade Vial de Mapfre en Ávila.
As visitas son un complemento fundamental da formación que os alumnos reciben no centro, fomentan o contacto co mercado laboral, amplían a súa visión do sector e permítelles coñecer de cerca as ocupacións para as que se están formando.
Dende aquí queremos agradecer ó persoal de Renault e de CESVIMAP, e especialmente a Joaquín Illera (Coordinador de visitas) e a Rocío del Monte (Dpto. de Org. de Cursos) a súa atención e amabilidade.
Deixámosvos unha mostra de que efectivamente estivemos alí, un saudo e ata a próxima.