OFERTA DE CURSOS
DE FORMACIÓN






CURSOS DE INTRODUCCIÓN Á SOCIEDADE DA INFORMACIÓN
WWW
Correo electrónico
Sinatura Electrónica e LOPD
Introdución ao Open Office
Procesador de textos
Presentacións
Follas de Calculo (I)

CURSOS DE OFIMÁTICA AVANZADA
Folla de Cálculo (II)
Bases de datos
Construción de páxinas web

CURSOS DE XESTIÓN DA EMPRESA
Facturación
Contabilidade
Xestión de almacén

CURSOS DE XESTIÓN DA REDE
Arquitectura cliente/ servidor
Servidores de rede
Xestión de dominio corporativo
Comercio electrónico
Marketing na rede


DIRECTRICES PARA XERENTES DE PEMES
Directrices migratorias
Achegamento ao software libre


*Para máis información podedes contactar no 982-303-902 ou enviando un e-mail a patricia.lugo@sociedadedainformacion.eu




17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS , DÍA DE INTERNET, DÍA MUNDIAL DAS TELECOMUNICACIÓNS


O 17 de maio, en Galiza, celebramos simultaneamente o Día de Internet, o Día Mundial das Telecomunicacións e o Día das Letras Galegas.

Con motivo desta celebración queremos dar a coñecer a figura da poeta María Mariño Carou , a quen se lle adica este ano o día das Letras Galegas, e aproveitar tamén para achegar as posibilidades que as tecnoloxías da rede nos ofrecen cara a normalización lingüística e á difusión cultural galega.

É unha xornada propicia para informar sobre as novas ferramentas informáticas e os recursos de libre acceso para a comunicación a través de Internet.

Aquí vos mostramos algúns enlaces sobre o uso das novas tecnoloxías en galego na Sociedade da Información:

www.sociedadedainformacion.eu

www.maisinternetmaisgalego.org

www.mancomun.org

www.agnix.org

www.puntogal.org

www.imaxin.com

¿ QUÉ É O SOFTWARE LIBRE???????????


Denomínase software ó conxunto de programas e procedementos necesarios para facer posible a realización dunha tarefa específica; esto inclúe por exemplo aplicacións informáticas para o desenvolvemento de calquer tipo de traballo desde un ordenador.

No que se refire ó software libre, entendemos por "libre", aquel que unha vez obtido pode ser usado, copiado, estudiado, modificado e redistribuído libremente.

Dacordo con tal definición, o software é "libre" se garantiza as seguintes liberdades:

  • "liberdade 1", Executar o programa con calquer propósito (privado, educativo, público, comercial, etc.)
  • "liberdade 2", Estudar e modificar o programa .
  • "liberdade 3", Copiar o programa de maneira que se poida transferir a outra persoa.
  • "liberdade 4", Mellorar o programa e publicar as melloras.



SOFTWARE LIBRE NA EMPRESA

A continuación achegámosvos algunhas das aplicacións máis usadas en software libre , e o enderezo onde podedes baixalas de forma gratuita:

O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto. Está desenvolvido pola Fundación Mozilla, entidade sen ánimo de lucro, e por unha gran comunidade de voluntarios.

O Firefox incorpora bloqueo de ventás emerxentes, navegación por pestanas, marcapáxinas dinámicos, soporte para estándares abertos, e un potente mecanismo para engadir funcionalidades mediante extensións.

BAIXAR MOZILLA FIREFOX






O
penOffice.org é unha aplicación de ofimática de software libre e código aberto que inclúe ferramentas como procesador de textos, folla de cálculo, persentacións, ferramentas para o debuxo sectoriale bases de datos.

BAIXAR OPEN OFFICE



Mozilla Thunderbird é un cliente de correo electrónico da Fundación Mozilla. Utilízase para a organización e administración do correo electrónico.


BAIXAR THUNDERBIRD



Para calquera dúbida ou información sobre estos programas podedes informarvos en www.mancomun.org.



AXUDAS E SUBVENCIÓNS

Neste apartado poderedes atopar todas aquelas axudas ou subvencións actualizadas acerca das novas tecnoloxías nas pequenas e medianas empresas.
Aquí tedes unha lista con toda a información necesaria sobre as últimas subvencións ofertadas: