FORMACIÓN CONTINUA DE TRABALLADORES



CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

50 horas en modalidade semipresencial (6 presenciais e 44 a distancia)
Para todos aqueles traballadores que levan a cabo actividades relacionadas coa Prevención de Riscos Laborais



CURSO DE INTRODUCIÓN Á SOCIEDADE DA INFORMACIÓN



30 horas en modalidade presencial
Para traballadores en activo
3 edicións do curso en Viveiro, Monforte e Lugo


Se che interesa participar nos cursos ponte en contacto con nós:

• CRTA. VEGADEO, 56. A CAMPIÑA. LUGO

• TELEFONO:982303902

• FAX:982303125

• WEB: http://www.aprevar.com/

• dinamizaaprevar.blogspot.com

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS CURSOS DE INICIACIÓN A INTERNET, FACTURACIÓN E BASE DE DATOS




Ábrese o prazo para inscribirse nos cursos de Iniciación a Internet, Facturación e Base de Datos.


INICIACIÓN A INTERNET (15 Horas) :
Coñecer as oportunidades e posibilidades de Internet mediante as ferramentas de software libre de uso máis común.

FACTURACIÓN (24 horas):
Adquirir coñecementos mínimos necesarios para levar o control de facturación, incuíndo o manexo de albarás, facturas e pedidos de clientes e proveedores, na situación dunha empresa real.

BASE DE DATOS (40 Horas):
Adquirir coñecementos de creación e xestión de bases de datos co programa Office.org Base.

Todos os cursos darán comezo a partir do mes de Setembro. Os programas utilizados serán de software libre ( de código aberto e gratuitos)


Todas as persoas interesadas poderán anotarse chamando ao 982-303-902 ou ben mandando un mail a patricia.lugo@dinamiza.sociedadedainformacion.eu


Aprevar participa nas Xornadas de "Polígonos en Red"




"Polígonos en Red" é unha iniciativa do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a través de Red.es, dirixida a fomentar a incorporación das tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) nas pequenas e medianas empresas asentadas en polígonos industriais.

Os/as empresario/as de Lugo asistentes á xornada sinalaron como claves para mellorar a competitividade da empresa contar cunha web ben diseñada e ben posicionada nos buscadores de Internet, adaptarse á dixitalización dos documentos e invertir en formación tecnolóxica dos/as traballadores/as. Todo iso unido á implantación da Administración electrónica extendendo o uso da banca e a factura electrónica.




OBRADOIRO:
INICIACIÓN Á INFORMÁTICA


Xa está aberto o prazo para inscribirse no obradoiro de Iniciación á Informática!!

OBXECTIVO XERAL.
Coñecer e ser capaz de utilizar os obxectos (arquivos, carpetas, ferramentas...) e funcionalidades básicas do sistema operativo Windows.


OBXECTIVOS OPERATIVOS.

- Acender e apagar correctamente o ordenador.
- Manexar o rato con soltura.
- Familiarizarse co escritorio e as ventás de Windows.
- Aprender e xestionar arquivos e carpetas ( creación, eliminación, copia...)
- Copiar un documento nunha entidade extraíble (disquete, memoria USB)
- Crear, editar e/ou imprimir un documento.

DATA: Días 17 e 19 de Xullo. De 20:00 a 21:30.

Para máis información chamar ao 982 303 125 ou ben mandar un e-mail a patricia.lugo@dinamiza.sociedadedainformacion.eu
O TEU TALLER NA REDE

Presentamos o novo manual básico de iniciaciación para manexarse en internet. Este librillo poderá servir de guía para calquer persoa sen coñecementos previos de informática que queira iniciarse no mundo dos ordenadores.

Neste Manual podedes atopar información breve e concisa acerca de :


  • Pasos para a creación e utilización dunha conta de correo electrónico.

  • Conceptos básicos de Informática.

  • A Sinatura Electrónica e as súas aplicacións.

  • Creación dun Blog

  • Webs de Interese

Xa podedes acercarvos á Aprevar e conseguir o voso manual !!

PRÁCTICAS EN EMPRESAS



¿Estás interesado/a en acoller alumnos/as en prácticas na túa empresa? pois esta é a túa oportunidade!


Os/as alumnos/as dos cursos do plan FIP de APREVAR están desexando aprender e coñecer de preto o sector do automóvil. Os cursos que se están impartindo son:



  • Chapista Pintor de Vehículos.
  • Mecánico de Motores e Equipos de Inxección.
  • Mecánico de Vehículos Lixeiros.
  • Electricista Electrónico de Vehículos.
  • Técnico en Diagnose de Vehículos.


Se estás interesado/a en acoller alumnos/as en prácticas podes poñerte en contacto con nós a través do teléfono 982303902, fax 982303125, e-mail formacion@aprevar.com ou no noso blog.

OBRADOIRO: CREA UNHA CONTA DE CORREO ELECTRÓNICO.



Día 28-Xoves, de 20:00 a 22:00.



OBXECTIVO XERAL: Ao finalizar este taller serás capaz de xestionar a túa propia conta de correo electrónico e enviar e recibir mensaxes.


OBXECTIVOS OPERATIVOS:
- Crear unha conta de correo web.
- Enviar e recibir mensaxes.
- Adxuntar archivos.

CONTIDOS:
1- Que é o correo electrónico e para que serve?
2- Vantaxes do uso do e-mail.
3- Pasos para acreación dun e-mail.

Para inscribirte podes chamar ao 982 303 902 ou envíar un correo a patricia.lugo@dinamiza.sociedadedainformacion.eu
CURSOS DE FORMACION OCUPACIONAL (PLAN FIP)

- Cursos de longa duración (5 meses aprox.)
- Formación teórica e prácticas reais.
- Diploma acreditativo ou certificado.
- Abandono por colocación en calquera momento do curso.
- Axuda de asistencia 6 euros e de prácticas 10 euros.



CHAPISTA PINTOR DE VEHÍCULOS. 764 Horas.

Luns a Venres de 15:30 a 21:30.

MECÁNICO DE VEHÍCULOS LIXEIROS. 864 Horas.

Luns a Venres de 08:30 a 14:30

ELECTRICISTA/ELECTRÓNICO DE VEHÍCULOS.689 Horas.

Luns a Venres de 15:30 a 21:30

MECÁNICO DE MOTORES E EQUIPOS.689 Horas.

Luns a Venres de 15:30 a 21:30

TÉCNICO EN DIAGNOSE DE VEHÍCULOS.629 Horas.

Luns a Venres de 15:30 a 21:30


PRÁCTICAS EN EMPRESAS ASOCIADAS
  • Posibilidade de facer prácticas reais.
  • Adquisición de experiencia.
  • Coñecemento do mercado laboral.
  • Bolsa de traballo para as empresas do sector.

ESTA É A TÚA OPORTUNIDADE PARA FORMARTE E ACCEDER A UN SECTOR CHEO DE POSIBILIDADES!!!

ANÍMATE E CONTACTA CON NÓS A TRAVÉS DO TELÉFONO 982303902 OU EN formacion@aprevar.com









OFERTA DE CURSOS
DE FORMACIÓN






CURSOS DE INTRODUCCIÓN Á SOCIEDADE DA INFORMACIÓN
WWW
Correo electrónico
Sinatura Electrónica e LOPD
Introdución ao Open Office
Procesador de textos
Presentacións
Follas de Calculo (I)

CURSOS DE OFIMÁTICA AVANZADA
Folla de Cálculo (II)
Bases de datos
Construción de páxinas web

CURSOS DE XESTIÓN DA EMPRESA
Facturación
Contabilidade
Xestión de almacén

CURSOS DE XESTIÓN DA REDE
Arquitectura cliente/ servidor
Servidores de rede
Xestión de dominio corporativo
Comercio electrónico
Marketing na rede


DIRECTRICES PARA XERENTES DE PEMES
Directrices migratorias
Achegamento ao software libre


*Para máis información podedes contactar no 982-303-902 ou enviando un e-mail a patricia.lugo@sociedadedainformacion.eu




17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS , DÍA DE INTERNET, DÍA MUNDIAL DAS TELECOMUNICACIÓNS


O 17 de maio, en Galiza, celebramos simultaneamente o Día de Internet, o Día Mundial das Telecomunicacións e o Día das Letras Galegas.

Con motivo desta celebración queremos dar a coñecer a figura da poeta María Mariño Carou , a quen se lle adica este ano o día das Letras Galegas, e aproveitar tamén para achegar as posibilidades que as tecnoloxías da rede nos ofrecen cara a normalización lingüística e á difusión cultural galega.

É unha xornada propicia para informar sobre as novas ferramentas informáticas e os recursos de libre acceso para a comunicación a través de Internet.

Aquí vos mostramos algúns enlaces sobre o uso das novas tecnoloxías en galego na Sociedade da Información:

www.sociedadedainformacion.eu

www.maisinternetmaisgalego.org

www.mancomun.org

www.agnix.org

www.puntogal.org

www.imaxin.com

¿ QUÉ É O SOFTWARE LIBRE???????????


Denomínase software ó conxunto de programas e procedementos necesarios para facer posible a realización dunha tarefa específica; esto inclúe por exemplo aplicacións informáticas para o desenvolvemento de calquer tipo de traballo desde un ordenador.

No que se refire ó software libre, entendemos por "libre", aquel que unha vez obtido pode ser usado, copiado, estudiado, modificado e redistribuído libremente.

Dacordo con tal definición, o software é "libre" se garantiza as seguintes liberdades:

  • "liberdade 1", Executar o programa con calquer propósito (privado, educativo, público, comercial, etc.)
  • "liberdade 2", Estudar e modificar o programa .
  • "liberdade 3", Copiar o programa de maneira que se poida transferir a outra persoa.
  • "liberdade 4", Mellorar o programa e publicar as melloras.



SOFTWARE LIBRE NA EMPRESA

A continuación achegámosvos algunhas das aplicacións máis usadas en software libre , e o enderezo onde podedes baixalas de forma gratuita:

O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto. Está desenvolvido pola Fundación Mozilla, entidade sen ánimo de lucro, e por unha gran comunidade de voluntarios.

O Firefox incorpora bloqueo de ventás emerxentes, navegación por pestanas, marcapáxinas dinámicos, soporte para estándares abertos, e un potente mecanismo para engadir funcionalidades mediante extensións.

BAIXAR MOZILLA FIREFOX






O
penOffice.org é unha aplicación de ofimática de software libre e código aberto que inclúe ferramentas como procesador de textos, folla de cálculo, persentacións, ferramentas para o debuxo sectoriale bases de datos.

BAIXAR OPEN OFFICE



Mozilla Thunderbird é un cliente de correo electrónico da Fundación Mozilla. Utilízase para a organización e administración do correo electrónico.


BAIXAR THUNDERBIRD



Para calquera dúbida ou información sobre estos programas podedes informarvos en www.mancomun.org.



AXUDAS E SUBVENCIÓNS

Neste apartado poderedes atopar todas aquelas axudas ou subvencións actualizadas acerca das novas tecnoloxías nas pequenas e medianas empresas.
Aquí tedes unha lista con toda a información necesaria sobre as últimas subvencións ofertadas: