ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS CURSOS DE INICIACIÓN A INTERNET, FACTURACIÓN E BASE DE DATOS




Ábrese o prazo para inscribirse nos cursos de Iniciación a Internet, Facturación e Base de Datos.


INICIACIÓN A INTERNET (15 Horas) :
Coñecer as oportunidades e posibilidades de Internet mediante as ferramentas de software libre de uso máis común.

FACTURACIÓN (24 horas):
Adquirir coñecementos mínimos necesarios para levar o control de facturación, incuíndo o manexo de albarás, facturas e pedidos de clientes e proveedores, na situación dunha empresa real.

BASE DE DATOS (40 Horas):
Adquirir coñecementos de creación e xestión de bases de datos co programa Office.org Base.

Todos os cursos darán comezo a partir do mes de Setembro. Os programas utilizados serán de software libre ( de código aberto e gratuitos)


Todas as persoas interesadas poderán anotarse chamando ao 982-303-902 ou ben mandando un mail a patricia.lugo@dinamiza.sociedadedainformacion.eu


Aprevar participa nas Xornadas de "Polígonos en Red"




"Polígonos en Red" é unha iniciativa do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a través de Red.es, dirixida a fomentar a incorporación das tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) nas pequenas e medianas empresas asentadas en polígonos industriais.

Os/as empresario/as de Lugo asistentes á xornada sinalaron como claves para mellorar a competitividade da empresa contar cunha web ben diseñada e ben posicionada nos buscadores de Internet, adaptarse á dixitalización dos documentos e invertir en formación tecnolóxica dos/as traballadores/as. Todo iso unido á implantación da Administración electrónica extendendo o uso da banca e a factura electrónica.




OBRADOIRO:
INICIACIÓN Á INFORMÁTICA


Xa está aberto o prazo para inscribirse no obradoiro de Iniciación á Informática!!

OBXECTIVO XERAL.
Coñecer e ser capaz de utilizar os obxectos (arquivos, carpetas, ferramentas...) e funcionalidades básicas do sistema operativo Windows.


OBXECTIVOS OPERATIVOS.

- Acender e apagar correctamente o ordenador.
- Manexar o rato con soltura.
- Familiarizarse co escritorio e as ventás de Windows.
- Aprender e xestionar arquivos e carpetas ( creación, eliminación, copia...)
- Copiar un documento nunha entidade extraíble (disquete, memoria USB)
- Crear, editar e/ou imprimir un documento.

DATA: Días 17 e 19 de Xullo. De 20:00 a 21:30.

Para máis información chamar ao 982 303 125 ou ben mandar un e-mail a patricia.lugo@dinamiza.sociedadedainformacion.eu
O TEU TALLER NA REDE

Presentamos o novo manual básico de iniciaciación para manexarse en internet. Este librillo poderá servir de guía para calquer persoa sen coñecementos previos de informática que queira iniciarse no mundo dos ordenadores.

Neste Manual podedes atopar información breve e concisa acerca de :


  • Pasos para a creación e utilización dunha conta de correo electrónico.

  • Conceptos básicos de Informática.

  • A Sinatura Electrónica e as súas aplicacións.

  • Creación dun Blog

  • Webs de Interese

Xa podedes acercarvos á Aprevar e conseguir o voso manual !!