SELECCIÓN DE ALUMNADO
CURSOS DE FORMACIÓN PARA DESEMPREGADOS/AS


A vindeira semana terán lugar en APREVAR as probas de selección para acceder aos cursos de formación para desempregados que vos anunciábamos fai uns días. Como sabemos que xa empezastes a recibir as cartas convocándovos para ditas probas aclaramos que a asistencia no día e hora mencionado na carta é obrigatoria, podendo ser sancionados dende o Servizo Publico de Emprego coa suspensión da vosa demanda ou do cobro de prestacións de ser o caso.
Se vos resulta imposible acudir no día fixado podedes contactar con nós e fixaremos unha nova data para a entrevista nas 24 horas seguintes á data fixada na convocatoria.
A todos os que fostes convocados decirvos que o proceso de selección consiste nunha entrevista persoal máis unha proba de acceso de coñecementos mínimos (proba tipo test) que se celebrarán na nosa sede na Campiña os días 28, 29 e 30 de Abril.
¡Vémonos!

FORMACIÓN PARA DESEMPREGADOS/AS

Un ano máis, o centro de formación de APREVAR pon en marcha os cursos de formación para desempregados financiados polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia, co obxectivo de proporcinarlles ás persoas desempregadas cualificacións profesionais vinculadas ás esixencias do mercado laboral mellorando así as oportunidades de acceso ó traballo.
Os cursos que se van a impartir son:
  • Mecánico de Motores e Equipos de Inxección (694 horas)
  • Mecánico de Vehículos Pesados (819 horas)
  • Técnico en Diagnose de Vehículos (634 horas)

Para acceder aos cursos é requisito imprescindible figurar como demandante no Servizo Público de Emprego, polo que se estás interesado en participar e ainda non te anotaches, faino na túa oficina máis próxima (en Lugo Oficina Lugo Sur en Campos Novos, nº 9 e Oficina Lugo Norte en Río Cabe).

Para máis información ponte en contacto con Departamento de Formación no 982303902 ou no correo formacion@aprevar.com