O 17 de maio, en Galiza, celebramos simultaneamente o Día de Internet, o Día Mundial das Telecomunicacións e o Día das Letras Galegas.
Con motivo desta celebración queremos dar a coñecer a figura da poeta María Mariño Carou , a quen se lle adica este ano o día das Letras Galegas, e aproveitar tamén para achegar as posibilidades que as tecnoloxías da rede nos ofrecen cara a normalización lingüística e á difusión cultural galega.
É unha xornada propicia para informar sobre as novas ferramentas informáticas e os recursos de libre acceso para a comunicación a través de Internet.
Aquí vos mostramos algúns enlaces sobre o uso das novas tecnoloxías en galego na Sociedade da Información: