Aprevar participa nas Xornadas de "Polígonos en Red"




"Polígonos en Red" é unha iniciativa do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a través de Red.es, dirixida a fomentar a incorporación das tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) nas pequenas e medianas empresas asentadas en polígonos industriais.

Os/as empresario/as de Lugo asistentes á xornada sinalaron como claves para mellorar a competitividade da empresa contar cunha web ben diseñada e ben posicionada nos buscadores de Internet, adaptarse á dixitalización dos documentos e invertir en formación tecnolóxica dos/as traballadores/as. Todo iso unido á implantación da Administración electrónica extendendo o uso da banca e a factura electrónica.