FORMACIÓN OCUPACIONAL 2008
PRÁCTICAS EN EMPRESAS
Como xa publicamos fai uns meses, un ano máis APREVAR imparte dende o mes de xuño varios cursos de Formación Ocupacional para desempregados así como accións formativas experimentais tamén para desempregados con un programa formativo innovador creado polo equipo docente do centro.
Dentro das actividades incluídas nos programas están as prácticas a maiores das horas lectivas que son voluntarias para os alumnos e que consisten nunha curta estadía nunha empresa do sector, donde terán a oportunidade de aprender da man de profesionais dende a organización do traballo no taller, métodos, técnicas, trucos, etc. que facilitarán a súa inserción laboral unha vez rematado o período de formación.
Todo esto non sería posible sen a colaboración e o compromiso dos asociados que acollen aos alumnos e se responsabilizan da súa formación durante a súa estancia nas empresas. Dende aquí dámoslle-las gracias pola súa colaboración e á vez facemos un chamamento a todos aqueles asociados que queiran participar nesta experiencia para que contacten con nós e se informen.