1º DÍA DE CLASE

O pasado luns 11 de maio inauguramos o curso académico 2009 en APREVAR.
Madrugón, prisas por chegar, presentacións, partes de asistencia e documentación varia ocupáronnos a mañán e boa parte da tarde.
30 novos alumnos comezaron a súa formación en distintas áreas da automoción, e 15 máis farano o vindeiro luns 18 de maio. Ós recén chegados, alumnos e profesores, moito ánimo e forza neste novo reto. E ós vellos coñecidos, traballadores do SPE, da Consellería de Traballo, orientadores educativos, persoal dos servizos de orientación laboral, etc, moitas grazas pola vosa colaboración e pola confianza mostrada.
Coa incertidume por saber como chegaremos ao final pero tamén coa ilusión propia dun novo proxecto intentaremos facer as cousas o mellor que sepamos e podamos.

¡Moita sorte a todos e bo curso!