FIN DE CURSO
Un ano máis chegamos ó remate de curso. Foron moitos os alumnos que por aquí pasaron nos últimos 12 meses, uns para informarse, outros para ampliar a súa formación, outros para iniciar a súa andadura no sector da automoción, etc.
A todos eles, gracias por confiar en nós.
Atopámonos nun momento complicado, en plena crise económica asistimos ó peche de pequenas e grandes empresas, ó preocupante aumento do número de desempregados, á falta de confianza dos consumidores, e un sinfín máis de cifras e pronósticos desfavorables.
Con todo queremos aproveitar este espazo para animarvos a seguir loitando por aquelo que queredes, porque É POSIBLE.
E para mostra un botón. Pese a esas malas cifras, ó negativismo que nos rodea e ós malos presaxios para este sector, séguese xerando emprego, e varios dos alumnos que recentemente remataron a súa formación en APREVAR conseguiron un posto de traballo en empresas asociadas nas ocupacións para as que se prepararon.
É por iso que vos animamos a persistir no voso empeño, a seguir formándovos, a seguir tocando cantas portas sexa preciso, porque TODO É POSIBLE.
E por suposto, para todo o que precisedes, xa sabedes onde atoparnos.
Un saudo
Departamento de Formación